No próximo mes de xuño do ano 2021 prevese o comezo do desenvolvemento dos procedementos selectivos de ingreso e acceso a distintos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 50, do 13 de marzo.

A situación epidemiolóxica actual motivada pola COVID-19 desaconsella a aplicación de medidas con repercusións negativas nos intereses daquelas persoas que, por diversas circunstancias, decidan non presentarse a estes procedementos selectivos.

Por esta razón, engádese unha disposición transitoria terceira ao Acordo do 20 de xuño de 1995, coa seguinte redacción:

«Disposición transitoria terceira

O persoal docente interino e substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia non estará obrigado a participar nos procedementos selectivos para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se realicen no ano 2021.

 

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG 

 

Máis información en https://www.ccooensino.gal/informacion-ampliada.php?idNoti=2096

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad