Que CCAA van no concurso extraordinario centralizado?

A día de hoxe, todas menos Cataluña, Euskadi e Galicia. Non obstante, estas tres seguen tamén a mesma normativa e pódese presentar solicitude á parte nelas desde calquera lugar.

Non. É un proceso de libre concorrencia, como marca a lei, e pódese presentar quen cumpra os mesmos requisitos ca en calquera outro proceso selectivo.

Na convocatoria da comunidade autónoma que poña en primeiro lugar. Debo presentar unha única solicitude por cada especialidade e quenda pola que me presente, e nela ordenarei as CCAA polas que queira participar.

No caso de Galicia haberá que presentala en Galicia nas datas que marque a convocatoria galega. Pero os galegos e galegas podemos presentarnos ao resto das comunidades autónomas.

O baremo é o que aparece na disposición transitoria 5ª do RD 270/2022 publicado no BOE.

As CCAA puxéronse de acordo para baremar de forma idéntica, dado que a puntuación debe ser homologable para evitar agravios comparativos e para que o proceso teña as mesmas condicións: Galicia, Euskadi e Cataluña publican o seu baremo, que ten que coincidir co do RD.

Pór un acto presencial neste proceso non está xustificado nin por procedemento administrativo nin legalmente, pois consiste só en presentación de méritos.

No caso de Galicia, os que non teñan o CELGA 4 ou equivalencia poden facer unha proba. Esta proba non forma parte do proceso do concurso de méritos; é para demostrar un requisito que é previo ao sistema selectivo por concurso de méritos.

Somos corpos estatais e a normativa de ingreso a eles é tamén estatal. Polo tanto, non poden contar máis os méritos nunha comunidade autónoma que en outra, en calquera proceso selectivo, incluído neste.

Non. O baremo xa está publicado no BOE e ten carácter obrigatorio para todas as CCAA; ademais, están taxados todos os seus apartados, co que unha comunidade autónoma non pode modificar o publicado, tampouco o que inclúe ou o non o apartado doutros méritos.

 

Este modelo de concurso de méritos non é o de CCOO por moitas razóns, e desde o principio puxe­mos de manifesto os problemas que ía ter.

Ademais, CCOO defendeu desde o principio que todas as prazas por concurso-oposición seguisen o novo modelo da transitoria 4ª, incluídas as de reposición. Isto é o máis práctico e xuridicamente correcto. Así estaba negociado e avalado ata que o Consello de Estado o cambiou unilateralmente.

 

Podes consultar toda a información sobre prazas e o resto de cuestións aquí: https://oposiciones.fe.ccoo.es/

 

 

Contacta con CCOO e afíliate

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad