AS NOVIDADES MÁIS IMPORTANTES QUE ANUNCIOU A CONSELLERÍA SON:

  • O inicio do proceso non será nun día único, senón posibilidade de inicio en 5 datas diferentes en función de cada especialidade: 19 , 20, 23, 24 e 25 de xuño.
  • Non haberá acto de presentación. Os/as aspirantes/as serán citados directamente á primeira proba.
  • O número de tribunais serán os suficientes para asegurar unha media de 70 aspirantes por tribunal
  • En mestres non hai máis sedes xa que a solicitaron na inscrición. No resto están manexando novas sedes en vilas  a maiores das 7 grandes cidades galegas pero que non son definitivas:Culleredo, Oleiros, Narón, Foz, Sarria, Vilalba, Viveiro, Carballiño, Ribadavia, Allariz, Vilagarcía, Lalín, Porriño, Cangas.
  • Como sedes, están contactando coas Universidades tamén.
  • Están traballando para informatizar a baremación.
  • As especialidades nas que teñen dificultades para conformar tribunais, terán preferencia profesionais da comunidade pero poderán incluir persoal doutras comunidades e de especialidades afíns.
  • Establécese unha segunda data (10 de xullo) para realizar o primeiro exame a aqueles aspirantes que non poidan asistir por causas acreditadas relacionadas coa COVID 19 (positivo ou cuarentena decretada) ou por razón de embarazo ou parto.
  • NON hai alternativa para aquel aspirante que non poida ir á primeira proba o primeiro día, nin o 10 de xullo.
  • Analizarán a posibilidade dun sistema de comunicación entre os aspitantes e os tribunais (mail ou plataforma).
  • Instarán aos tribunais a que publiciten con tempo os materiais que se poden levar ás defensas.
  • Os exercicios prácticos serán preferentemente por escrito.
  • A pretensión da Consellería é que toda a mesma especialidade estea nunha mesma localidade.
  • Elaborarase un protocolo específico para os procesos selectivos do que non nos proporcionaron aínda borrador
  • Non aceptan a eliminación da lectura nas oposicións.

ENLACE A INTERVENCIÓN DE CCOO ENSINO NA MESA SECTORIAL

 

ENLACE Á ORDE QUE MODIFICA A CONVOCATORIA PUBLICADA EN DOG

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad